Precaución: A execución JavaScript do navegador está desactivada. Quizá non poida responder a todas as preguntas deste cuestionario. Por favor, verifique que ten instalado o Java (http://www.java.com/)

 

 

Cuestionario sobre a percepción cidadá do río Tins

 

Estimado/a participante,

Somos un equipo formado por investigadores/as das Universidades de Vigo, Santiago de Compostela e da Coruña. Estamos a realizar un estudo enmarcado no proxecto Renatur_Outes para recoller a opinión e a percepción da cidadanía sobre diferentes aspectos relacionados co río Tins e a súa contorna. Este proxecto está liderado polo Concello de Outes e conta coa participación de investigadores/as das tres universidades públicas galegas, a Fundación Montescola e o CEER (Centro de Estudos Eurorexionais Galicia-Norte de Portugal e co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación y Resilencia (PRTR), financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU.

O seguinte cuestionario está dirixido a calquera persoa maior de 18 anos que visitara o río Tins e/ou a súa contorna polo menos unha vez no último ano. A participación neste estudo é completamente voluntaria, anónima e non leva más de 15 minutos. Os datos recollidos serán utilizados só para fins relacionados co proxecto. Unha vez obtidos, os resultados publicaranse de forma agregada na páxina web do proxecto (https://renatur.outes.gal/). Para calquera dúbida ou consulta relacionada co cuestionario ou a comunicación de resultados pode escribir aos seguintes enderezos de correo electrónico: luis@uvigo.gal, jonatan.rodriguez.parra@usc.es

Nota: Cando neste cuestionario se menciona o río Tins, faise tamén referencia a súa contorna. É dicir, ao espazo público da conca do río e o seu sistema fluvial constituído pola canle ou leito e marxes.

 

Moitas grazas polo seu tempo e colaboración.

 

O equipo Renatur_Outes

Renatur_Outes conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea–NextGenerationEU

Esta enquisa é anónima.

O rexistro coas súas respostas a este cuestionario non contén ningunha información identificativa sobre Vostede, a menos que unha pregunta do cuestionario explicitamente lle pida algún dato identificativo.

Se usa un código de acceso identificativo para acceder a esta enquisa, saiba que este código almacénase separadamente das respostas. Xestiónase nunha base de datos diferente que só se consultada para saber se Vostede completou (ou non) o cuestionario. Non hai forma de casar os códigos de acceso identificativos coas respostas que deu na enquisa.